CRTVG

Buscar

O Foro Económico de Galicia defende a continuidade de Ence

Publicado o 09/05/2019 16:12

A polémica arredor da suspensión da prórroga de Ence preocupa aos membros do Foro Económico de Galicia, que defenden a súa continuidade. O ex-presidente da Xunta de Galicia Fernando González Laxe e directivo do foro afirma que ningunha empresa debe marchar fóra.

O Foro sitúa a economía galega por encima da estatal cunha previsión de crecemento durante este ano malia o contexto global de desaceleración.

O brexit foi outro dos temas de debate durante a décima reunión anual do Foro Económico de Galicia que se celebra na illa da Toxa. Os expertos aconsellan ás empresas entendelo como unha oportunidade e aproveitalo para potenciar a marca España.

Noticias web

09/05/2019