CRTVG

Buscar

O Foro Económico de Galicia augura unha recuperación nos próximos trimestres

Publicado o 30/06/2021 16:27

A economía galega resistiu mellor que a media de España a terceira onda do coronavirus. É unha das conclusións que nos deixa o informe do primeiro trimestre do ano realizado polo Foro Económico de Galicia.

A economía galega perdeu no primeiro trimestre un 2,9 % con respecto ao ano anterior. O dato é sensiblemente mellor ca o do conxunto do Estado, pero peor que o rexistrado na Unión Europea.

A pesar deste mellor comportamento, Galicia, xunto con Asturias, presenta unha das taxas máis baixas de poboación activa. No Foro Económico esperan que a economía repunte claramente nos próximos trimestres.

Noticias web

30/06/2021