CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Foro Económico de Galicia aposta pola innovación en ideas e procesos produtivos

Publicado o 17/10/2016 14:37

Inditex é un bo exemplo do que se coñece como empresa disruptiva, aquelas que conseguen romper cos patróns establecidos, tanto en tecnoloxía como en modelo de negocio, mesmo en mercados tan explotados coma o téxtil. O Foro Económico de Galicia acaba de publicar un informe en que propón duplicar a innovación centrando o investimento en empresas disruptivas.

O mellor futuro económico para Galicia pasa pola innovación, non tanto en tecnoloxía ou automatismo, como na aposta polas ideas e a innovación nos procesos produtivos. Son o que se coñece como empresas disruptivas, as que rompen co xa coñecido. É unha das conclusións dun estudo do Foro Económico de Galicia.

Este traballo apunta que dende 2007 a 2014, Galicia perdeu máis de 1.500 empresas innovadoras. Insisten en que para garantir postos de traballo de calidade aquí hai que entrar en novos mercados e idear novas posibilidades competitivas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí