CRTVG

Buscar

Alcoa elixe o fondo Parter para seguir negociando a venda das súas plantas

Publicado o 14/06/2019 20:53

A dirección de Alcoa vai adiante coa venda das súas plantas ao fondo suízo Parter Capital, disposto a seguir producindo aluminio primario na Coruña e en Avilés, sempre e cando consigan un prezo estable da enerxía.
A intención da multinacional é que a próxima semana queda pechada a venda. Pero desde os comités de empresa desconfían. Piden unha reunión urxente co Goberno e esíxenlle que avale a operación.

Juan Carlos Corbacho, presidente do comité de empresa de Alcoa A Coruña: "Isto ou despedimento colectivo, é o que temos a día de hoxe. E o que nos gustaría polo menos é poder falar co ministerio e que poña as ancoraxes suficientes en todo este proceso".

José Manuel Gómez de la Uz, presidente do comité de empresa de Alcoa Avilés: "ímoslle pasar a pelota a quen lle corresponde que é ao Goberno, que dixo que estaba inmerso no proceso de venda, que dixo que ía buscar un investidor industrial e español... E queremos preguntarlle á ministra onde están, e que van facer coas plantas da Coruña e de Avilés, porque nós non o temos nada claro"

O fondo suízo Parter Capital garante estabilidade no emprego durante dous anos. A partir de aí din que tomarán decisións en función dos resultados. Os comités de empresa entenden por iso que a venda non é máis que un parche a un problema que, entenden, non se vai solucionar mentres o Goberno non abarate a electricidade para industria.

 

Noticias web

14/06/2019