CRTVG

Buscar

O Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo está dotado con tres millóns de euros

Publicado o 06/03/2021 15:25

O segundo Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo 2021 dálles oportunidade aos autónomos e ás empresas culturais galegas de venderlles os seus proxectos e a súas creacións á Xunta.

"Non é unha subvención, é unha compra de produto cultural. Todo o que se nos oferte e que nós aceptemos a súa compra pasará a ser da Xunta e queda liberado na súa difusión", di Valentín García, Secretario xeral de Política Lingüística.

Espectáculos presenciais e tamén dixitais, teatro, música, libros ... todos teñen cabida nesta inicitativa que pretende ser un acicate para o sector. Cada empresa pode presentar unha única proposta.

"Cales son as novidades deste fondo? Hai un incremento de orzamento, tres millóns de euros. Os proxectos poden chegar a seis mil euros en casos de autónomos e a quince mil euros en caso de empresas, cooperativas e colectivos", afirma Román Rodríguez, conselleiro de Cultura.

O primeiro Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo estaba dotado de 2 millóns e medio de euros e del beneficiáronse algo máis de 350 empresas galegas. O prazo para presentar as propostas redúcese a un mes coa intención de que poidan estar avaliados e que se desenvolvan na primavera e o verán.

 

Noticias web

06/03/2021