CRTVG

Buscar

O FMI receita máis reformas ante a "vulnerabilidade" de España pola pandemia

Publicado o 05/08/2020 13:53

O novo informe do FMI di que a pandemia deixou a España nunha situación vulnerable e recomenda máis reformas no mercado laboral, como poder baixar os soldos se fose necesario. E tamén os empresarios piden un plan de choque para salvar empregos.

O Goberno di que en maio comezou a recuperación, pero que pasarán tres anos ata volver aos niveis de crecemento previos á pandemia.

Os economistas advirten de que eses niveis xa non eran bos e cren que a recuperación debe vir acompañada dun novo modelo produtivo. E chaman a poñer as luces longas sobre os datos do paro. Xa que hai máis dun millón de persoas que non están traballando pero tampouco computan por estar nun ERTE.

Os últimos meses do ano serán claves para ver se esas persoas se incorporan ao mercado laboral ou pasan ao desemprego.

Noticias web

05/08/2020