CRTVG

Buscar

O FMI prevé unha freada económica en España e pide medidas extraordinarias

Publicado o 11/03/2020 18:50

O Fondo Monetario Internacional urxe a España a que garanta o financiamento para a sanidade e para a protección das empresas ante a crise do coronavirus.

O organismo económico internacional pídelle a España que protexa as empresas e os fogares de xeito especial porque son os que van sufrir o impacto económico da crise sanitaria. O Fondo Monetario Internacional recoméndalle ao Estado que considere a posibilidade de pagarlles aos traballadores parte do salario que deixarían de percibir se reducen as horas de traballo polo coronavirus, como xa se fixo noutros países.










 

Noticias web

11/03/2020

Máis sobre actualidade