CRTVG

Buscar

O FMI prevé que as contas públicas españolas se desfasen nuns 140.000 millóns de euros

Publicado o 14/10/2020 15:50
O FMI prevé que as contas públicas españolas se desfasen nuns 140.000 millóns de euros

O coronavirus en España, coa maior cifra de contaxios de Europa, deixa vellas xa as previsións macroeconómicas para o noso país calculadas polo Goberno.

O Fondo Monetario Internacional prevé que as contas públicas españolas se desfasen nuns 140.000 millóns de euros, o maior desaxuste desde a Guerra Civil, equivalente ao gasto anual en pensións.

O Fondo calcula tamén para España unha taxa de paro de case o 17%, a máis elevada de Europa despois da de Grecia, e prognostica que o noso país non volverá ás cifras previas á pandemia ata o ano 2026.

Noticias web

14/10/2020