CRTVG

Buscar

O FMI pídelle a España máis flexibilidade salarial

Publicado o 04/08/2020 20:38

O Fondo Monetario Internacional recoméndalle a España que implemente unha flexibilidade salarial continua. É un dos consellos da institución no seu informe anual sobre as vulnerabilidades do sector exterior.

O FMI asegura que a reforma laboral axudou a reducir os desequilibrios da economía española e pídelle ao noso país que tome máis medidas para rematar coa dualidade do mercado laboral.

Noticias web

04/08/2020