CRTVG

Buscar

O FMI di que a reforma laboral de 2012 creou emprego, aínda que máis precario

Publicado o 13/02/2020 20:52
O FMI di que a reforma laboral de 2012 creou emprego, aínda que máis precario

O Fondo Monetario Internacional di que a reforma laboral aprobada en España en 2012 axudou a crear emprego e a reducir o paro xuvenil. Nun estudo que se publicou hoxe, este organismo conclúe que a reforma non afectou á pobreza en España e que mesmo axudou a redistribuír os ingresos. Con todo, o documento ten unha cara a unha cruz: di que a reforma laboral precarizou o emprego en España porque aumentou moito o traballo a tempo parcial.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020