CRTVG

Buscar

O FMI anuncia para España a maior rebaixa do crecemento entre os países desenvolvidos

Publicado o 20/01/2020 14:53

O Fondo Monetario Internacional rebaixa as previsións de crecemento para España. Recorta en dúas décimas ás súas propias cifras, debido a que a freada da economía no 2019 foi maior do agardado.

É a rebaixa máis pronunciada entre as principais economías avanzadas, e fai que España reduza significativamente o diferencial que mantiña con respecto dos países da contorna.

O organismo prognostica que o produto interior bruto subirá un 1,6 % tanto este ano como en 2021. O FMI tamén rebaixou as previsións a nivel global.

A ministra de Economía, Nadia Calviño, recoñeceu que o recorte no crecemento é superior ao que o Goberno agardaba.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2020