CRTVG

Buscar

O "Flota como poidas" congrega milleiros de persoas na ponte da Ramallosa

Publicado o 18/08/2019 21:11

Nova edición do "Flota como poidas" en Nigrán. Un total de 13 trebellos boiantes participaron nesta competición na que se premia o humor e o maxín.

Non hai límites para o maxín nesta carreira polo río Miñor. As embarcacións, totalmente artesanais, saen da ponte da Ramallosa co único obxectivo de volver, do mellor xeito posible, ao punto de partida.

Ademais do Titanic ao mellor afundimento, tamén hai premio para o artefacto máis perralleiro, a familia máis intrépida ou a tripulación máis simpática. O "Flota como poidas", organizado polo concello de Nigrán, congrega cada ano milleiros de persoas atraídas, sobre todo, polo humor das tripulacións participantes.
 

Noticias web

18/08/2019