CRTVG

Buscar

O físico británico Stephen Hawking morre aos 76 anos

Publicado o 14/03/2018 21:40

 

O mundo da ciencia despediu hoxe a unha das súas figuras máis carismáticas, o físico británico Stephen Hawking. Os seus colegas recoñécenlle as contribucións fundamentais que fixo para entender como funciona o cosmos. Galicia lembrao con admiración, a mesma que Hawking dixo sentir sempre por Galicia.

A universidade de Cambridge chora, coas bandeiras a media asta, ao seu cientifico mais ilustre, e ao home optimista, romántico e obstinado", como se definía a si mesmo Stephen Hawking en 2006. Levaba xa décadas case paralizado pola esclerose lateral amiotrófica que lle diagnosticaron cando tiña pouco máis de 20 anos, pero que non deixou que bloquease as suas ganas de vivir nin de investigar.  Logrou sentar as bases da cosmoloxía moderna, completou a teoría do Big Bang, fixou a idade do universo en 13,800 millons de anos, e  formulou a chamada radiación de Hawking para explicar o funcionamento dos buratos negros.

 "O primeiro exemplo de combinación da física cuántica coa teoría da relatividade de Einstein", explica Jorge Mira, profesor de física da USC. Da man de Jorge visitou Galicia, en 2008. Foi un dos poucos que conseguiu entrevistalo. Un testemuño que a TVG emitiu no programa Ciencianosa. Hawking recolleu ese ano  o Premio Fonseca da Universidade de Santiago.Jorge Mira, insertoDespois, visitou Fisterra e alí queda, grabada en pedra, a expresión das suas ganas de vivir.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018