CRTVG

Buscar

O fiscal xeral substitúe os fiscais anticorrupción do caso do 3% de CDC

Publicado o 21/04/2017 13:49

Maza defende a investigación da operación Lezo e nega nun comunicado que o fiscal xefe anticorrupción, Manuel Moix, intentase obstaculizala

O fiscal xefe anticorrupción, Manuel Moix, tamén é hoxe noticia porque foi o encargado de substituír, por orde do fiscal xeral do Estado, os fiscais que investigan o caso das comisións do 3%, supostamente cobrados por CDC.

Neste caso estaban os fiscais José Grinda e Fernando Bermejo, agora apartados. Será levado pola Delegación de Anticorrupción de Cataluña.A Fiscalía Xeral do Estado xustifica esta decisión en que ningún dos dous ten o seu despacho en Barcelona, e nega que haxa cambio na liña de investigación.Outras fontes fiscais, citadas por algún medio, aseguran, mesmo así, que a decisión estaría dirixida a evitar que Grinda e Bermejo invoquen o artigo 27 do Estatuto do Ministerio Fiscal por estar en desacordo con algunha directriz do seu superior, o fiscal xefe anticorrupción, Manuel Moix.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/04/2017