CRTVG

Buscar

O fiscal xeral dos Estados Unidos autoriza investigar as denuncias de Trump de fraude electoral

Publicado o 10/11/2020 19:39

A través dun memorando interno, William Barr ordenou aos seus subordinados investigar todas as denuncias substanciais de irregularidades nos últimos comicios. Matiza que só se deben indagar aquelas acusacións que poderían facer cambiar de cor nalgún dos estados en disputa.

A orde chega cando os resultados non son aínda oficiais e, por tanto, non están aínda baixo supervisión das autoridades federais. O fiscal xefe de delitos electorais, Richard Pilger, presentou a súa dimisión ante o que interpreta como unha interferencia do seu superior.

Donald Trump segue aferrado á esperanza de que a batalla legal cambie o signo da súa derrota. Este martes anticipaba desde Twitter novidades a semana vindeira e segue sen autorizar que os funcionarios da Casa Branca cooperen co equipo de Joe Biden. Os demócratas ameazan con acudir tamén aos tribunais para forzar o presidente a activar o mecanismo da transición.

A estratexia de Trump recibiu nas últimas horas o apoio de Mitch McConell, o poderoso xefe dos republicanos no Senado, pero tamén o desdén da FOX. A antiga cadea amiga volveu interromper outra comparecencia desde a Casa Branca que defendía a teoría da fraude.

Noticias web

10/11/2020