O fiscal ve engano na ex-cúpula de Pescanova
Publicado o 09/06/2020 18:46
Na Audiencia Nacional, a Fiscalía Anticorrupción rematou de expoñer as súas conclusións, dentro do xuízo que se segue pola creba de Pescanova.
A vista senta no banco dos acusados o seu ex-presidente, Manuel Fernández de Sousa, e toda a antiga cúpula da empresa. O fiscal reafirmou as súas acusacións. Cre que Fernández de Sousa cometeu oito delitos como responsable dunha trama pensada para delinquir, e considera que quedou probado que houbo estafa aos investidores.