CRTVG

Buscar

O fiscal ve culpable o Rei do Cachopo', que non ve probas na súa contra

Publicado o 10/05/2021 18:07

Comeza en Madrid o xuízo a César Román Viruete. O coñecido como Rei do Cachopo está acusado de matar e despezar a moza e de ocultar a súa cabeza, extremidades e próteses mamarias. Do corpo só apareceu o tronco. A defensa considera que non hai probas contundentes contra el. Pero o fiscal pide para el 15 anos de cárcere por asasinato. A familia da vítima reclámalle 25 anos de prisión ao incluír as agravantes de aleivosía, parentesco e xénero e un ano máis por maltrato habitual. Os feitos ocorreron en agosto de 2018, pero o acusado estivo seis meses desaparecido usando un nome falso e cun novo aspecto. 

Ana Isabel Peña, avogada do acusado: "Hai dúbidas de todo porque non hai ningunha proba que o poida incriminar de nada. El está moi tranquilo ".

Ramón Fernández de Meda, avogado da familia da vítima: "Está confirmado que o torso atopado na maleta pertence á vítima? Absolutamente. As probas de ADN confírmano? Absolutamente".