CRTVG

Buscar

Reducen a cinco anos a petición de prisión por agredir cunha machada o seu ex-xefe

Publicado o 10/10/2019 16:30

Durante a vista, o acusado de mancar dun machadazo o que fora seu xefe declarou que era inocente e que non se acordaba do que sucedeu aquela noite de inverno de 2015 onda un bar de Arnois, A Estrada.

"Debéuseme nubrar a vista", dixo.

O caso é que citara por WhastApp o ex-xefe e, unha vez alí, presuntamente nunha acción moi rápida, alzou a machada contra el. A vítima levantou o brazo para protexer a cabeza e o fío ocasionoulle un corte no antebrazo esquerdo, que o deixou incapacitado para a súa profesión de maderista e tivo que cesar na actividade que sabía desenvolver.

Segundo o acusado, o xefe amargáballe a vida. O agredido dixo do acusado e empregado del durante dous meses que non sabía traballar nin cumpría coas obrigas, polo que lle pagou o debido e o despediu. A partir de aí, explicou, envioulle mensaxes ameazantes ao móbil en distintas ocasións.

Nas conclusións provisionais, o fiscal pide cino anos de prisión para o acusado e que indemnice a vítima con máis de 36.000 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019