CRTVG

Buscar

O fiscal do Prestige será a man dereita de Dolores Delgado

Publicado o 27/02/2020 08:40

O ata agora fiscal delegado de Medio Ambiente en Galicia, Álvaro García Ortiz, será o número dous de Dolores Delgado, que onte tomaba posesión como fiscal xeral do Estado. García Ortiz foi presidente da Unión Progresista de Fiscais entre 2013 e 2017 e foi o máis votado nas últimas eleccións ao Consello Fiscal. Aquí en Galicia, dirixiu a acusación do caso Prestige e investigou a vaga de incendios de 2017.

Noticias web

27/02/2020