CRTVG

Buscar

O fiscal arxentino pediu investigar a ex-presidenta Cristina Fernández e o ex-ministro de Economía

Publicado o 25/08/2016 08:55

Acúsaos dun presunto delito de encubrimento, omisión maliciosa e incumprimento dos deberes de funcionario público nunha serie de movementos de diñeiro cara ao exterior

Unha nova investigación recae sobre a expresidenta arxentina, Cristina Fernández e o que fora ministro de Economía durante o seu mandato, Axel Kicillof. A denuncia céntrase na súa presunta implicación na ocultación dunha trama de transferencia millonarias a empresas e sociedades no exterior vinculadas á coñecida como ruta do diñeiro K. 

O fiscal arxentino Guillermo Marijuán pediu investigar á expresidenta Cristina Fernández e ao exministro de Economía, Axel Kisillof. Acúsaos dun presunto delito de encubrimento, omisión maliciosa e incumprimento dos deberes de funcionario público nunha serie de movementos de diñeiro cara ao exterior, realizados por quen fora máximo adxudicatario de obra pública durante o kirchnerismo, Lázaro Báez, e que está detido dende hai meses por presunto lavado de diñeiro. 

Son os coñecidos como 'Cristileaks' que saltaron á luz o pasado domingo cando un dos xornalista máis recoñecidos do país, Jorge Lanata, asegurou que a exmandataria tería ocultado movementos sospeitosos por case 500 millóns de dólares a empresas e sociedades do exterior. 

"Estes datos forman parte dunha investigación promovida polos fondos especulativos que mantiñan un litixio coa Arxentina pola débeda pública en mora dende 2001".

Antes da medida de Marijuán, a exmandataria desmentiu calquera vinculación e alegou un novo episodio de xornalismo de guerra sen probas.

O fiscal pediu tamén a prohibición de saír do país para Fernández e Kisillof. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2016