CRTVG

Buscar

O financiamento das autovías volve abrir o debate da súa gratuidade

Publicado o 15/02/2020 11:04

Volve o debate sobre o pago nas autovías. Xa en agosto o ministro Ábalos falara dun pago simbólico e agora, nunha resposta parlamentaria, o Goberno insiste en que hai que estudar como financiar estas vías e por iso queren crear un grupo de traballo no Congreso.

Sobre a mesa está se un pago en todas as autovías e autoestradas do Estado serviría para manter a rede en condicións e acabar con desigualdades como a que sofre Galicia coa peaxe da AP-9.

Aquí as autovías susceptibles de pago serían a A-6, a do Cantábrico e a que une Pontevedra e Ourense. Case 600 quilómetros.

O pacto de goberno do PSOE con Podemos inclúe revisar o modelo de peaxes, pero sen propostas concretas. Quedan por diante meses de debate.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2020