CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O filme galego 'O descoñecido' proxéctase no Festival de San Sebastián

Publicado o 21/09/2015 15:23

O festival de cine de San Sebastian comeza a semana con acento galego. O filme 'O descoñecido', protagonizada por Luís Tosar, exhíbese hoxe e mañá.

A ópera prima do director galego Dani de la Torre, compañeiro desta casa, chegará ás pantallas de toda España o venres 25, precedida da boa acollida que tivo na Mostra de Venecia.

Unha chamada cambia para sempre a vida do protagonista, un executivo de banca, que vai levar os fillos ao colexio e que interpreta Luís Tosar. É o punto de partida de "O Descoñecido", a primeira longametraxe do director monfortino, Dani de la Torre. 95 minutos de acción, drama e xiros de guión inesperados.

"É como unha montaña rusa. O público vai pasalo ben, mal pero penso que o final lles vai gustar", di o director.

Rodada integramente na Coruña, o venres estréase nos cines de toda España. O director asegura que "a maior dificultade da película foi manter a tensión emocional" Producida por Vacafilms e coa participación da Televisión de Galicia. "O descoñecido" é unha das estreas máis agardadas do cine español.

"Somos unha potencia cinematográfica, non só os cataláns e os vascos. Agora falta que o público encha ás salas o día 25", afirma De la Torre.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí