CRTVG

Buscar

O filme 'A sombra da lei' chega aos cines

Publicado o 11/10/2018 15:38

Aníbal Uriarte chega á Barcelona dos anos 20 tras un roubo nun tren e en plena época de revoltas políticas e sociais. O personaxe de Luís Tosar vai levar a cámara pegada ao pescozo para guiar o público polos baixos fondos entre vedetes, gánsters e anarquistas, na busca da resolución do misterio dese roubo, pero tamén no proceso de amosar un estado corrupto e cheo de sombras.

Facer cine clásico desde Galicia, actualizando os códigos do xénero cunha aposta que non quede atrás nunha comparación cos filmes de Hollywood. Virtuosismo no uso da cámara e unha fotografía de calidade para unha historia do século vinte que ben podería acontecer na actualidade. Xa nos cines.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2018