CRTVG

Buscar

O Festival Sinsal repite no Museo do Mar de Vigo con música e actividades na fin de semana

Publicado o 06/09/2019 21:39

O Festival Sinsal segue coa súa aposta polos espazos singulares e os novos talentos. Despois da edición de verán na illa de San Simón, todo un clásico xa, esta fin de semana repite no Museo do Mar de Vigo.

Sinsal apostou por ampliar o evento do verán da illa de San Simón e levar a música a espazos singulares, e desta vez repite no Museo do Mar de Vigo, con concertos no peirao, na praia ou na nave de subastas. O festival comeza o sábado pola tarde e ata o domingo ofrecerá música, performances e actividades para toda a familia.

O sábado estará marcado por voces femininas coma a de Rocío Márquez, a raíña do flamenco actual, La bamba e a harpista Mary Lattimore. Haberá ademais un espectáculo conxunto da escola da ESAD e o conservatorio de Vigo, e a recolucionaria galega Faia abraiará cun dos seus concertos intimistas. Tamén sorprenderá a performance de hip hop de Lady Lykez e, xa o domingo, música con Mundo Prestigio e Deva, e actividades para toda a familia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019