CRTVG

Buscar

O Festival Plataforma recupera en Santiago as performances en vivo

Publicado o 15/09/2020 10:02






O Himno Galego soa ao mesmo tempo que o Español. Unha metáfora da coexistencia e colisión dos símbolos: música convertida nun varullo para pensar, armado pola banda de música de Santiago nunha acción de Juan López.
É una mostra do Festival Plataforma que acaba de pasar o seu ecuador. Na fin de semana sucedéronse propostas como as de Berio Molina e Alejandra Pombo, "Omnipresencia do tropicalismo", ou a estrea absoluta da Orquestra Galega de Liberacion que reune a 16 músicos procedentes de distintas tradicions musicais.
Escena e música, poesía e exposicións en distintos lugares da cidade. Escoitaronse os poemas de Olalla Cociña.
Menina Arroutada e unha dos catro rapeiros galegos que interpretaron textos de catro pensadores como Foucault ou Sontag reflexionando sobre a violencia, unha performance das artistas Cabello Carceller.
Un festival que se produce nun contexto ben dificil para os performeiros que tiveron que adaptar as suas pezas a nova nomalidade. É o caso da Compañia Traspediante que estreou Set
O festival non rematou: maña e pasado o poeta e dramaturgo Pablo Fidalgo presenta con Juan Loriente no Cgac "Qualcosa nascerà da noi", onde recrea unha historia de amor e a propia historia de Italia recuperada a traves de cassetes que un home enviou durante anos a sua namorada en America.
Música e exposicións, arte e performance vanse desenvolver en experiencias como a de Vertixe sonora e a exposición "Mirar o son. Notación gráfica na música contemporánea".A do percusionista Lar Legido sobre a obra de Manuel, Eirís, ou Maria Roja sobre a obra de Christian García Bello exposta na Fundación Didac
Accións para os tempos de pandemia. Tamén para lembrarnos a humanidade do directo, das actuacións en vivo.
Unha pandemia que xa provocu unha cancelación da artista La Ribot que aprazou a sua actuación a novembro. Será no Cgac onde dende o venres permanecerá aberta a mostra "La Ribot , manual de uso".



 

Noticias web

15/09/2020