CRTVG

Buscar

O festival O Son do Camiño fai complicado atopar aloxamento en Santiago

Publicado o 11/06/2019 16:46

Dispárase a ocupación hoteleira en Santiago. Cando faltan dous días para o comezo do Son do Camiño é complicado atopar aloxamento na capital galega. 

Dende o xoves e ata o sábado celébrase aquí no Monte do Gozo O Son do Camiño. Un festival que trae á capital galega artistas de categoría internacional como Iggy Pop, David Guetta, Black Eyed Peas e Rosalía, entre outros, e que congregará unhas 30.000 persoas. Algo que dispara as cifras de ocupación hoteleira, que a día de hoxe xa se sitúa no 95 %. De feito, moitos establecementos da cidade xa teñen colgado o cartel de completo. 

 

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/06/2019