CRTVG

Buscar

O festival O Marisquiño celebrarase en Vigo en agosto

Publicado o 08/03/2021 14:48

• Hai acordo para que se celebre tamén en 2022

Anunciouno a empresa nun comunicado: 

"Factor Ulises, empresa organizadora do festival O Marisquiño, decidiu levar a cabo a edición de 2021 do evento en agosto deste ano en Vigo. A decisión tomouse despois de manter nos últimos días reunións coas institucións patrocinadoras do evento e poder liquidar os problemas de financiamento e técnicos que levaran á organización para anunciar o pasado 22 de febreiro que se cancelaba o festival.

Os acordos verbais alcanzados, pendentes de redaccións contractuais con Concello de Vigo, Xunta de Galicia e Autoridade Portuaria de Vigo permítennos agora garantir a viabilidade económica e técnica do festival para a edición de 2021. Ademais, as tres institucións comprometéronse a chegar a acordos a longo prazo para permitir que o evento poida seguir celebrándose en Vigo en próximas edicións".