CRTVG

Buscar

O Festival Internacional de Allariz acolle a celebración do Día das Abellas

Publicado o 20/05/2018 15:54

O Festival Internacional de Xardíns acolle hoxe a primeira celebración do Día Mundial da Abella. En colaboración coa Asociación Galega de Apicultura, o recinto paisaxístico incluíu unha mostra con degustación de meles e pole, e obradoiros. O obxectivos concienciar sobre as ameazas que sofren as abellas e o seu papel indispensable para o mantemento da biodiversidade dos ecosistemas no planeta.

O papel polinizador das abellas fai que sexan indispensables para conservar a biodiversidade do noso ecosistema. Especies como a velutina e a man do home cos pesticidas poñen en risco a súa supervivencia. Por iso a ONU declarou o día de hoxe como o primeiro día Mundial da Abella. 

E os apicultores da primeira promoción da Escola Galega de Apicultura amosan os seus beneficios e os produtos que se poden obter das colmeas: mel de diferentes variedades, pero tamén cera, xalea ou própole. E fano dentro da novena Edición do Festival Internacional de Xardíns de Allariz. Un espazo de 3 hectáreas con deseños de países coma O Brasil, O Perú, México ou O Xapón. 

O Festival de Xardíns de Allariz que se pode ver ata outubro, acolle tamén a casa das polinizadoras, onde se aloxan abellas e outros insectos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2018