CRTVG

Buscar

O Festival de Cine Submarino de Vigo fai 28 anos

Publicado o 13/11/2018 14:53

Vinte e oito anos fai xa o festival de cinema submarino de Vigo. Un evento moi consolidado na cidade que permite á cidadanía ver como desovan as tartarugas bastardas en Costa Rica ou visitar pecios galegos como o Cordero González, afundido en Bueu en 1975.

Os escolares son os que máis gozan das sesións matutinas para os colexios.

As tartarugas bastardas nadan mil cincocentos quilómetros para volver a desovar á praia onde naceron hai dez anos en Costa Rica.É unha das espectaculares imaxes das que gozaron hoxe os escolares que asistiron o pase do festival de cinema submariño. A vida baixo o mar sorprende e gusta aos cativos.

Viaxar ao pecio do pesqueiro Cordero González, afundido en Ons en agosto do 75 é outra das opcións que ofrece este festival, un documental en que falan os mariñeiros que sobreviviron a aquel suceso e podemos ver as partes do barco que perviven baixo a auga como o timón. Toda a estrutura está chea de vida.

Para o organizador do certame, as pezas estrela da semana son os documentais da BBC Planeta azul realizados en todos os mares do mundo coa última tecnoloxía disponible. O xoves tamén se poderá ver o making off ou método de traballo dos reporteiros destes documentais.

Moitas veces, o máis abraiante destes documentais é o que está ben preto de nós.

Noticias web

13/11/2018