O Festival de Cans adíase ata setembro
A covid-19 segue a modificar todos os nosos plans. O Festival de Cans xa decidiu adiar a súa celebración prevista para maio.
Será na primeira semana do mes de setembro, en concreto entre os días 1 e 4. Son as mesmas datas en que se celebrou a edición do ano pasado, tamén modificadas pola pandemia.
A organización do festival de Cans quere actuar con prudencia nos próximos meses, á espera de ver como evoluciona a situación sanitaria.
Na pasada edición xa reduciran o número de asistentes, o número de pendellos e tomaran medidas adicionais de seguridade sobre todo para protexer os maiores da vila.
Con todo, en 2020 unas 3.000 persoas pasaron polo Festival de Cans e outras tantas puideron ver as principais actividades dende as súas casas a través de Internet.