CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Festival da Luz, unha empresa do Ribeiro que fai cosméticos con viño tinto e outra de rutas pola Ribeira Sacra, premios ao desenvolvemento rural da Xunta

Publicado o 14/09/2018 15:27
O Festival da Luz, unha empresa do Ribeiro que fai cosméticos con viño tinto e unha firma de rutas personalizadas pola Ribeira Sacra acaban de recibir o galardón ao desenvolvemento rural que concede a Xunta.

O premio son 10.000 euros para reinvestir nun proxecto, o seu, que axuda a fixar poboación.
No acto de entrega, o presidente da Xunta dixo que os oito galardoados nesta edición son un bo exemplo de que é posible vivir e xerar emprego nun rural cada vez máis modernizado.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí