CRTVG

Buscar

O Festival da Luz contará con máis de 50 actuacións, incluída a de Luz Casal

Publicado o 30/07/2019 16:29

O Festival da Luz prepárase para vivir os días 6, 7 e 8 de setembro unha das súas edicións máis especiais.

A súa anfitrioa, Luz Casal, actuará na xornada do sábado. Rayden, Dead Combo ou os Traspés completan o cartel do que xa formaban parte Celtas Cortos ou Mikel Erentxun, entre outros. Serán, en total, máis de cincuenta actuacións con actividades para todos os públicos. Os cartos que se recaden irán destinados a dúas asociacións especializadas en enfermidades infantís.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/07/2019