CRTVG

Buscar

O Racing de Ferrol celebra o ascenso á segunda B

Publicado o 05/06/2019 09:43

Recepción oficial ao Racing. O equipo celebrou o ascenso en Ferrol. Recepción oficial ao Rácing no Teatro Jofre, dende esta semana equipo da segunda B.

Representantes en funcións da corporación municipal recibiron os integrantes do club ferrolán no interior do edificio. A continuación, o equipo saíu saudar dende o balcón os afeccionados que alí se congregaron. Aínda moi emocionados polo conseguido esta fin de semana, os xogadores quixeron transmitirlles aos seareiros o seu agradecemento polo apoio recibido ao longo da temporada. Con todos eles celebraron de novo o ascenso.

Iso foi onte no Teatro Jofre. Pero xa antes foran recibidos por todo o alto na súa chegada a Ferrol. O equipo viaxou en autobús dende Xaén. Arredor de 15 horas de percorrido. Máis dun cento de afeccionados, amigos e familiares agardaban polo equipo no estadio da Malata. 

Noticias web

05/06/2019