O farol da Torre de Hércules abre as súas portas aos visitantes
Publicado o 02/07/2021 21:43
Desde a terraza da Torre de Hércules parte a única vía de acceso para alcanzar o farol: unha escaleira de caracol de 5 metros de altura e tan só cincuenta centímetros de diámetro.
A visita é unha oportunidade única para contemplar o farol e a súa maquinaria que quedan fóra da ruta das visitas estándar á Torre, máis centradas no patrimonio e no edificio.
Pero sen dúbida outro dos atractivos son as impresionantes vistas que ofrece a privilexiada ubicación do faro...
Por mor da pandemia as visitas están limitadas a catro persoas. Dous turistas coruñeses e dous de Ávala foron este venres os primeiros en subir ao faro da Torre de Hércules.