CRTVG

Buscar

O falecemento de catro persoas por mor da covid eleva a 2.512 o total de vítimas

Publicado o 13/08/2021 20:32
O falecemento de catro persoas por mor da covid eleva a 2.512 o total de vítimas
EUROPA PRESS

O Sergas vén de informar do falecemento de catro persoas que foran diagnosticadas con coronavirus e que elevan a 2.512 o total de vítimas desde o comezo da pandemia en Galicia.

Un dos casos rexistrouse este mércores, en concreto un home duns 63 anos de idade que estaba ingresado en Povisa, en Vigo. Así mesmo, este xoves faleceron unha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario da Coruña e un home de 81 anos no Hospital Comarcal de Verín. Finalmente, este venres rexistrouse o deceso dunha muller de 80 anos de idade e que estaba ingresada no Complexo Hospitalario da Coruña.

Segundo informa Saúde Pública, todos eles presentaban patoloxías previas.

Noticias web

13/08/2021