CRTVG

Buscar

O Fabril golea o Paiosaco en Abegondo

Publicado o 25/02/2020 21:53

O Deportivo B impúxose ao Paiosaco por catro goles a dous. Triunfo do filial coruñés que se achega a un punto da cuarta praza e rompe a sús xeira negativa. Eiroa adiantou ao Paiosaco de penalti. E xa na segunda metade remontou o Fabril cun tanto de Losada e dous de Pedro.

David Rojo recortou para o cabeiro da clasificación e Losada pechou o resultado marcando o catro a dous definitivo.

Ademais, o Polvorín derrotou o Rácing Vilalbés por catro goles a cero e houbo sorpresa no Barco. O conxunto local, cuarto na clasificación perdeu ante o Pontellas, penúltimo, por un gol a dous.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/02/2020