O exprimeiro ministro italiano Silvio Berlusconi atópase nun estado de saúde delicado
Publicado o 06/09/2020 17:46

Berlusconi deu positivo en coronavirus o dous de setembro tras regresar dunha viaxe particular a Francia, onde visitou a súa filla Marina. Uns días antes fixera outra proba, despois de coñecer que o empresario Flavio Briatore, con quen tivera un encontro en Sardeña, estaba contaxiado.
Con 83 anos de idade, Berlusconi sufriu enfermidades cardiovasculares no pasado, o que complica a súa recuperación e, segundo o seu médico persoal, Alberto Zangrillo, "atópase nunha fase delicada e a súa infección pulmonar merece unha terapia adecuada e leva o seu tempo".
O mesmo médico aclarou que non haberá outras comunicacións sobre o esado de saúde do exprimeiro ministro.
Máis sobre actualidade
18/01/2021 21:30