CRTVG

Buscar

Pedro Sánchez prescinde do eurodeputado socialista José Blanco nas listas europeas

Publicado o 17/03/2019 15:34

O ex-ministro socialista José Blanco anunciou este domingo, a través dunha mensaxe nas redes sociais, que non vai repetir como candidato ás eleccións europeas o vindeiro 26 de maio. Pon así fin a unha etapa como eurodeputado agradecendo o apoio recibido durante estes anos, tras o seu paso como ministro con José Luís Rodríguez Zapatero.

"Finaliza una etapa de mi vida y comienza otra. Echo la vista atrás y solo siento gratitud hacia los ciudadanos que me han apoyado durante tanto tiempo y hacia el y sus militantes. Infinita y eterna gratitud".

Xosé Blanco despídese da política. Anunciouno en twitter só unha hora antes de que comezase o Comité Federal do PSOE no que se certificaba a súa exclusión das listas para as eleccións europeas. O que si aparece na lista de candidatos con opcións de saír elixido nas próximas eleccións europeas polo partido socialista é o lalinense Nicolás González Casares, que ocupa o número nove da candidatura que encabeza Josep Borrell.

O comité federal introduciu cambios nas listas provincias de Lugo e Ourense, e tamén na candidatura municipal da Coruña, Ferrol e Ourense. Pedro Sánchez confeccionou as súas primeiras listas á medida, na que vetou os afíns a Susana Díaz.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí