CRTVG

Buscar

"O éxito do Son do Camiño está no seu espírito de satisfacer un público moi amplo", asegura a organización

Publicado o 13/06/2019 10:28

Máis de cen mil persoas pasarán por este Monte do Gozo durante os tres días que dura este festival que, por segundo ano, busca tamén promover o vindeiro ano xacobeo. Un evento en que traballan unhas 1.500 persoas. Ás catro da tarde comeza o festival. Esta mañá, arredor das 10, chegan os primeiros grupos para facer as probas de son.

O Son do Camiño é un festival que vai durar tres días e que vendeu os 25.000 abonos nas primeiras 48 horas que se puxeron á venda. Só quedan entradas soltas para hoxe. En total virán 33.000 persoas por día. En total case 100.000 persoas nos tres días que teñen practicamente cheos os establecementos hoteleiros de Santiago.

Esteban Girón, membro da organización: "É un cartel ecléctico porque o espíritu do Son do Camiño é abarcar un público moi amplo para satisfacer a demanda que hai en todo o norte de España, e esa é unha das claves do éxito do elenco".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2019