CRTVG

Buscar

O exilio en Miami mobilízase en apoio do pobo cubano e pide a implicación dos EUA na resolución da crise

Publicado o 15/07/2021 13:56

O exilio cubano en Miami continúa plenamente mobilizado en apoio e solidariedade coas masivas protestas da pasada fin de semana na illa caribeña. "Nunca se vira algo así e que lembra as protestas que vimos en Europa do leste e a Unión Soviética inmediatamente antes do seu cambio", din desde a Florida.

Por segunda xornada consecutiva, os cubanos exiliados volveron cortar unha das principais autoestradas da Miami e reiteraron a súa petición para que Washington se implique na resolución da crise.

Coinciden as distintas asociacións que representan aos opositores no exterior ao réxime da Habana que por vez primeira as protestas no interior da illa aglutinan unha ampla representación da sociedade cubana. "O que se está vendo non é a clase media protestando, o que se está vendo en Cuba agora mesmo non é a clase pobre protestando, o que se está vendo en Cuba non é unha raza protestando, está o país enteiro".

"O único que está facendo é defendéndose, expoñendo os seus dereitos á liberdade que temos por dereito propio e por decreto das Nacións Unidas, que son os dereitos primarios para un ser humano". "A maioría das canles en castelán do sur da Florida emiten programacións especiais sobre a situación en Cuba".

Noticias web

15/07/2021