CRTVG

Buscar

O Exército de Terra adéstrase no Grove para a Campaña Antártica

Publicado o 07/09/2021 15:04

Son os membros do Exército de Terra preparándose para os retos e desafíos da próxima Campaña Antártica, a maior parte meteorolóxicos
Poñen a proba as embarcacións e o equipamento nas augas do Grove, cun movemento do mar e unhas ondas moi similares ás que atoparan na Antártida.

Son 13 militares con ampla experiencia seleccionados de entre 200 voluntarios, entre eles dous galegos. 12 homes e unha muller que levará a loxística alimentaria.

A súa misión é proporcionar apoio loxístico aos investigadores durante os catro meses da Campaña. A 13.000  quilómetros de calquera localidade habitada o que máis respecto lles pon é o illamento. Manobras coma esta cohesionan o grupo.

Cando o verán chegue ao hemisferio sur, a base española Gabriel de Castilla volverá reabrir as súas portas para retomar a misión científica que dende hai algo máis de tres décadas desenvolve no continente branco.

Noticias web

07/09/2021