CRTVG

Buscar

O exército colombiano confirma a morte dun dos terroristas máis buscados do país

Publicado o 03/02/2019 13:54

O presidente colombiano, Iván Duque, foi quen comunicou a morte de Édgar Salgado, coñecido polo alcume de "Rodrigo Cadete", un temido terrorista, líder dun grupo disidente das FARC.

O veterano guerrilleiro accedera ao desarmamento pero en setembro de 2017 abandonou os escoltas de protección que o acompañaban e declarouse disidente, posteriormente viaxou a Cuba e volveu delinquir.

Na operación para neutralizalo, no departamento colombiano de Caquetá, morreron outras nove persoas e logrouse comisar abundante material de apoio, fusís, radios, ordenadores e comida.
 

Noticias web

03/02/2019