CRTVG

Buscar

O exército colabora nas tarefas de rescate no Levante

Publicado o 13/09/2019 15:03

O primeiro batallón da UME saía da base de Torrexón para intervir na rexión de Murcia. Máis movemento de efectivos: de Bétera e Motón, cara a Orihuela; e traslado de equipos de enxeñeiros; sistemas de achique de augas e lodos para atender calquera eventualidade ante unha noite que se volvía presentar ameazante.

Un poderoso aparato eléctrico nun ceo tebroso provocou descargas de precipitación históricas, que inundaron o barrio de San Ginés en Cartagena provocaron intervencións, como esta en Molina de Segura e deixaron unha longa lista de estradas cortadas, incidencias e rescates.

Coas primeiras luces do día, os estragos facíanse evidentes. O río Segura fóra do leito, as rúas de Murcia convertidas nunha enorme lagoa ou a incesante actuación dos equipos de emerxencia compoñen a paisaxe da xornada.

Noticias web

13/09/2019