CRTVG

Buscar

O exchofer de Bárcenas declara pola espionaxe do caso Kitchen

Publicado o 25/11/2020 15:30
O exchofer de Bárcenas declara pola espionaxe do caso Kitchen

O que fora chofer de Luis Bárcenas compareceu a petición propia ante o xuízo do caso Kitchen. Sergio Ríos accedeu á Audiencia Nacional cuberto cun casco de moto, e prestou declaración a porta pechada para ampliar a información que dera en anteriores comparecencias como investigado.

O chofer fora presuntamente captado como confidente do operativo parapolicial para espiar o extesoureiro popular. O comisario Enrique García Castaño admitiu ante o xuíz que recibiu fondos reservados para comprarlle a Ríos unha pistola por 700 euros.

Noticias web

25/11/2020