O ex-xerente do Osasuna recoñece que mercaron dous partidos ante o Betis e o Xetafe
Publicado o 21/01/2020 15:37
O Deportivo descendeu e foi prexudicado
Na campaña 2012-2013, o Deportivo con Fernando Vázquez no banco descendeu. Hoxe soubemos das primas que pagou o Osasuna aos rivais do Deportivo e do Celta no final daquela liga.
O xerente do Osasuna naquel momento, Angel Vizcay, recoñeceu no xuízo polo caso Osasuna malversación de fondos economicos co club navarro, que o Osasuna pagou cento cincuenta mil euros ao Betis por gañarlle ao Celta e idéntica cantidade ao Valladolid por gañarlle ao Deportivo. Faltaban catro xornadas.
Ademais, o Osasuna pagoulle catrocentos mil euros ao Xetafe para que perdese no Sadar e na temporada seguinte ao Betis para que tamén se deixase gañar.