CRTVG

Buscar

Trapero declara que ofreceu unha saída segura á comitiva xudicial o 20-S

Publicado o 14/03/2019 12:22

O ex-xefe dos Mossos d'Esquadra, Josep Lluís Trapero, asegurou que propuxo unha saída segura á comitiva xudicial no rexistro do 20-S no departamento de Economía, mediante unha 'cápsula' de 20 axentes do servizo de escolta, separada dos manifestantes por un cordón de voluntarios.

Ás preguntas da acusación popular, exercida por Vox, Trapero, que está á espera de ser xulgado por rebelión pola Audiancia Nacional, recalcou que si finalmente se planeou a saída da secretaria pola azotea, non é porque considerara que "o cordón policial fose inseguro", senón porque desmontou o corredor de axentes ante a crenza de que o rexistro seguía en marcha. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2019