CRTVG

Buscar

Bos días

O ex-xefe de Intelixencia arxentino considera imposible que Nisman se suicidase

Publicado o 11/03/2016 09:44

E dende A Arxentina chegan novidades sobre a causa AMIA, que xulga o atentado perpetrado en 1994 contra a organización mutualista xudía e que deixou 85 mortos. O ex-director da Intelixencia arxentina, Jaime Stiuso, negouse a declarar para non autoincriminarse noutra causa en que está sendo investigado e pola que está no punto de mira a ex-presidenta Cristina Fernández: a do encubrimento.

O ex-xefe de operacións do Servizo de Intelixencia arxentino, Antonio Stiuso, presentou un escrito ante os fiscais que investigan o atentado contra a mutualista xudía AMIA, o peor da historia na Arxentina, no que se negou a declarar como testemuña baixo xuramento sobre o cruzamento de chamadas vinculadas ao ataque terrorista que deixou 85 mortos en 1994, para evitar así autoincriminarse noutras causas que ten abertas.

Unha petición que a fiscalía considera atendible.

Despois dun ano fuxido da xustiza, Stiuso volveu á Arxentina hai unha semana para declarar noutro caso, o que investiga a morte do ex-fiscal da causa AMIA, Alberto Nisman, atopado morto cun tiro na cabeza só 3 días despois de denunciar a ex-presidenta, Cristina Fernández, por suposto encubrimento na investigación do atentado.

O ex-espía, estreito colaborador de Nisman e última persoa que falou con el, asegurou que ao fiscal o matou un grupo vinculado directamente co Goberno da ex-mandataria Cristina Fernández e que foi consciente de que era un branco cando detectaron un virus no seu teléfono móbil.
Para Stiuso é imposible que Nisman se suicidase.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

11/03/2016