CRTVG

Buscar

O ex-xefe da UDEF di no Congreso que descoñece o pagamento de comisións ao PP

Publicado o 14/11/2017 22:27

O ex-xefe da UDEF compareceu na comisión do Congreso dos Deputados que investiga o suposto financiamento irregular do Partido Popular. O comisario Olivera asegurou que só un 15% dos investigados no caso Gürtel eran políticos, e dixo descoñecer o pagamento de comisións ao PP. Ao contrario do que contaron os seus subordinados nas súas comparecencias da semana pasada, o comisario dixo que se houbese indicios contra máis políticos do PP, estarían imputados nalgún procedemento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/11/2017