CRTVG

Buscar

Bos días

O ex-vicepresidente arxentino Amado Boudou vai ser xulgado por corrupción na causa Ciccone

Publicado o 25/05/2017 09:47




O ex-vicepresidente arxentino Amado Boudou, man dereita de Cristina Fernández de Kirchner durante o seu último mandato, vai ser xulgado por corrupción na causa Ciccone, que investiga a compra fraudulenta dunha imprenta de papel moeda.




"Amado Boudou vén de convertirse no primeiro ex-vicepresidente arxentino que se enfrontará nun xuizo oral á xustiza como acusado de corrupción. É a coñecida causa Cicconne que investiga a compra fraudulenta dunha imprenta de papel moeda na que Boudou enfronta cargos por suborno e negociacións incompatibles coa función pública."
Para a Xustiza, Boudou e os outros cinco imputados adquiriron de xeito fraudulento a imprenta monopólica Ciccone Calcográfica coa fin de utilizala para contratar co Estado arxentino a impresión de billetes e documentación oficial.
Os feitos producíronse no 2010, mentres Boudou era titular do Ministerio de Economía, e fixo a compra a través dun testaferro.
As investigacións apuntan tamén a unha posible complicidade do Fisco para que a empresa, en quebra, poidera participar de concursos coa Administración Pública.
Boudou, exvicepresidente kirchnerista xunto a Cristina Fernández entre 2011 e 2015, está implicado tamén noutro proceso por presunta falsificación na documentación dun dos seus coches.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

25/05/2017