CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

O ex vicepreseidente arxentino, imputado por corrupción, non podería saír do país

Publicado o 12/12/2015 14:46




A xustiza arxentina ven de prohibirlle ó ex-vicepresidente, Amado Boudou, sair do país sen autorización pola súa imputación na compra irregular dunha imprenta de papel moeda.
O xuiz ao cargo da investigación tomou a decisión só un día despois de que o ex-vicepresidente deixara o cargo trala asunción do goberno de Mauricio Macri, que coa reapertura do caso Nísman evidencia un xiro de 180 graos na política exterior do país.

O cambio xa se deixa notar na Arxentina.
A xustiza prohibiu sair do país a Amado Boudou, vicepresidente no goberno de Cristina Fernández e unha das figuras máis polémicas do kirchnerismo.
Boudou está involucrado nunha causa por suposta compra irregular da imprenta de papel moeda Ciccone Calcográfica no 2010, mentres era titular do Ministerio de Economía.
Fíxoo a través dun testaferro e o político tería incurrido nun delito de negociacións incompatible co desempeño dun cargo público.
A medida chega só un día despois da toma de posesión de Mauricio Macri como novo presidente do país e tras mostrarse implacable coa corrupción.

Mauricio Macri, Presidente da Arxentina:
"Voy a ser implacable con todos aquellos de cualquier partido o filiación política, sean propios o ajenos, que dejen de cumplir lo que señala la ley hoy".

O pasado mes de novembro, outro xuíz xa solicitara que Boudou non poidera sair do país unha vez deixara a vicepresidencia da nación por outro caso que o enxuiza por ter recibido presuntamente sobornos durante o seu mandato.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí